Saída a Cabo Udra

O día 2 de xuño visitamos o concello de Bueu. Primeiro fixemos un bonito e interesante percorrido, guiado con monitores, por Cabo Udra. Rematado o mesmo, visitamos a Aula da Natureza sita en dito lugar. A continuación, repuxemos forzas nunha pequena praia e, de seguido, collemos o autobús para dirixirnos ao museo Massó no centro da localidade.

Preme na imaxe para acceder á galería.