Obra de teatro: Paco Papán

O 4 de xuño, os nosos compañeiros e compañeiras de sexto representaron este conto coma grandes artistas.

Parabéns e grazas por convidarnos!

Preme nunha imaxe para velas a maior tamaño.



Saída a Cabo Udra

O día 2 de xuño visitamos o concello de Bueu. Primeiro fixemos un bonito e interesante percorrido, guiado con monitores, por Cabo Udra. Rematado o mesmo, visitamos a Aula da Natureza sita en dito lugar. A continuación, repuxemos forzas nunha pequena praia e, de seguido, collemos o autobús para dirixirnos ao museo Massó no centro da localidade.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Experimentos

Pomos en práctica a teoría!

Observamos e investigamos que elementos conservan mellor os alimentos, a importancia da hixiene nas mans (introducimos as mans recén lavadiñas nun bote de xelatina neutra e noutro as mans tal cal veñen do recreo, deixamos pasar os días e comprobamos que sucede)...