Primeira gran paparota común e festa total con Pamisukis. Que bailoteo!
Contacontos Anxo Moure
O 17 de decembro Anxo Moure contounos, acompañado da súa filla Xacia, unha bonita historia sobre un Carballo con botas. Toda unha lección do coidado do Medio Ambiente!
Preme na imaxe para acceder á galería.
Saída a Vigo
O día 2 de decembro realizamos a excursión do primeiro trimestre. Primeiro fomos ao teatro Afundación a ver "Antía, Wamba e o regato pequeno", representado pola Tropa de Trapo, un bonito conto sobre a solidariedade. Logo visitamos o Museo Marco e despois de repor forzas na praia de Samil, dirixímonos a vila romana de Toralla.
Preme na imaxe para acceder á galería.
Preme na imaxe para acceder á galería.
Os nosos lemas
Estes foron os carteis, cos correspondentes lemas, que as aulas de terceiro fixemos para a actividade proposta polo Equipo de Normalización Lingüística do colexio, a favor do coñecemento e uso do galego.
O Magosto
Cumprindo coa tradición!
Primeiro cunha andaina polo monte da Groba, pasando polas parroquidas de Belesar e Baíña, para chegar a Chan da Lagoa e repor forzas!
Primeiro cunha andaina polo monte da Groba, pasando polas parroquidas de Belesar e Baíña, para chegar a Chan da Lagoa e repor forzas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)