Festa de Nadal

Primeira gran paparota común e festa total con Pamisukis. Que bailoteo!

Contacontos Anxo Moure

O 17 de decembro Anxo Moure contounos, acompañado da súa filla Xacia, unha bonita historia sobre un Carballo con botas. Toda unha lección do coidado do Medio Ambiente!

Preme na imaxe para acceder á galería.

Concurso de postais de Nadal

Puxemos en marcha a nosa creatividade!

Saída a Vigo

O día 2 de decembro realizamos a excursión do primeiro trimestre. Primeiro fomos ao teatro Afundación a ver "Antía, Wamba e o regato pequeno", representado pola Tropa de Trapo, un bonito conto sobre a solidariedade. Logo visitamos o Museo Marco e despois de repor forzas na praia de Samil, dirixímonos a vila romana de Toralla.

Preme na imaxe para acceder á galería.